En portadaÚltima hora

Os triveses piden máis vixilancia e controis para evitar os roubos de castañas

A problemática vivida neste outono analizábase nunha xuntanza aberta convocada polo Concello de Trives no Auditorio Julio Vázquez da vila

Máis vixilancia por parte das forzas e corpos de seguridade nos soutos, regulación do transporte de castañas nas estradas e control do mesmo, unha ordenanza municipal para limitar durante a campaña o acceso rodado por camiños aos soutos e máis implicación cidadá e denuncias. Son algunhas das propostas que se poñían sobre a mesa na xuntanza veciñal para abordar a problemática de roubos vivida neste outono nos soutos da comarca trivesa.

Este encontro aberto, convocado polo Concello de Trives na tarde do 21 de decembro no Auditorio Julio Vázquez da vila, reunía a numerosos veciños (tanto propietarios como colleiteiros e mesmo a vendedores) non só deste municipio, senón tamén doutros próximos como o de San Xoán de Río, que amosaban a súa preocupación ante o sucedido hai apenas un mes. Nel participaban ademais o alcalde de Trives, Francisco José Fernández, e o secretario da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, Manuel López, quen comentaba as medidas enumeradas e plantexaba ademais trasladar este tipo de cuestións á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para buscar unha solución conxunta para o rural.

Ao remate da xuntanza o rexedor trivés incidía na importancia da colaboración de todos os veciños para poder solucionar este tema e anunciaba que ía dar traslado ás administracións das propostas analizadas nesta xuntanza de cara á vindeira campaña de castañas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button