CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os valdeorreses Big Crunch, no concurso de maquetas de Cultura Quente

A banda actúa mañá a medianoite na praza de Viloira, no marco das festas
Imaxe promocional da banda valdeorresa Big Crunch./ Foto: Kelpie VS.
Imaxe promocional da banda valdeorresa Big Crunch./ Foto: Kelpie VS.

Roma DoVal á voz e á guitarra, Mel ao baixo e Gonza Fernández á batería, forman Big Crunch unha formación “power trío” que nacía baixo as gradas do campo de fútbol de Calabagueiros, no local reconvertido en sede e local de ensaios da Asociación de Música Alternativa de Valdeorras. Unha banda natural do Barco de Valdeorras, que “desprende música de diversos aires e estilos, desenvolvendo temáticas filosóficas, existenciais ou de crítica social, sobre unha base influenciada polo punk de finais dos 70, o rock alternativo dos 90, a canción de autor e maila música independente contemporánea”, tal como eles mesmos explican.

O xerme do grupo nacía no ano 2011 sufrindo cambios e períodos de inactividade, pero non foi ata comezos deste 2016 cando xa co nome e formación definitivos, comezaban a preparar un EP que sacarán á rúa a mediados de xuño. Nel incluirán os seus temas máis coñecidos e algunha que outra sorpresa.

Ademais de traballar no disco e de ensaiar para os directos (mañá, venres 3 de xuño tocan na praza de Viloira ás 00:00h.), Big Crunch participa nun concurso musical organizado polo festival Cultura Quente e os Estudos Mans co single “Kenophobia” no que a primeira fase realízase por votación popular que remata o 5 de xuño ás 12 PM. Para votar por estes valdeorreses hai que entrar no enlace seguir as instruccións: http://concursoculturaquente.com/votacion

O artista/grupo gañador (elixido finalmente por un xurado), terá a posibilidade de actuar en directo na vindeira edición do Festival Cultura Quente que se celebrará en Caldas de Reis (Pontevedra) os días 24 e 25 de xuño. O gañador terá ademais dereito á grabación, mestura e masterización dun EP de duración máxima de 20 minutos no estudo de grabación Mans na Coruña.

Artigos relacionados

Back to top button