DeportesÚltima hora

Os valdeorreses Eva Arias, Leticia Gil e Carlos Revuelta, convocados pola selección galega de atletismo

Representarán a Galicia no Campionato de España de Federacións Autonómicas que se celebrará o 27 de xullo en Pamplona
A atleta Eva Arias, durante unha competición./ Foto cedida.

 

Dentro da listaxe de atletas convocados pola Federación Galega de Atletismo (FGA) para formar parte da selección de Galicia no Campionato de España de Federacións Autonómicas figuran tres valdeorreses. Trátase da vilamartinesa Eva Arias (Sociedade Ximnástica de Pontevedra), na modalidade dos 3.000 metros obstáculos, da saltadora de lonxitude Leticia Gil (Alcampo Scorpio 71), de Carballeda de Valdeorras, e do martelista barquense Carlos Revuelta (A.D. Marathon), tal e como vén de facer público a FGA.

 

Os atletas Leticia Gil e Carlos Revuelta./ Foto cedida.

Esta competición española está prevista para o vindeiro 27 de xullo en Pamplona. “A lista de seleccionadas/os dá a Galicia un importantísimo potencial que faría dela unha seria aspirante xa non ó podio, senón o título o que representaría todo un hito na historia do atletismo galego”, indica a federación galega,

Artigos relacionados

Back to top button