Publicidade
AletismoDeportesÚltima hora

Os valdeorreses Leticia Gil, Carlos Revuelta e José F. Nieves, entre os 21 atletas galegos do ranking nacional

As principais citas serán o campionato galego absoluto a finais de agosto e o nacional absoluto en setembro

Leticia Gil, Carlos Revuelta e José Fernández.

 

Pouco a pouco e, en base aos rexistros do primeiros meses do ano, estase a elaborar ranking nacional de atletas nesta insólita tempada deportiva. Será no mes de agosto cando, “e sempre atendendo á evolución sanitaria, podamos ver algo máis de actividade atlética que culminará cas importantes citas do Campionato de Galicia Absoluto o día 29 e 30 de agosto e o Campionato nacional absoluto os días 12 e 13 de setembro”, tal e como se adianta dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Con estos datos, no ranking nacional actualizado a data 28 de xullo figuran un total de 21 atletas galegos e galegas entre os primeiros doce postos de cada proba, destacando a presenza da valdeorresa Leticia Gil e Lidia Parada na lonxitude e xavelina respectivamente así como a de David de la Fuente, Roberto Vieiro e a Sub16 Xela Martínez nos 800 m. 10.000 marcha e 3.000 m., todos eles e elas no segundo lugar no ranking nacional das súas probas.

Os concursos, e concretamente os lanzamentos, volven ser os máis destacados coa presenza dun total de 13 atletas e onde a xavelina feminina coloca a cinco galegas nese top 12 nacional. Ademáis da lanzadora de Barbanza figuran, Carmen Sánchez (4ª); Andrea Gonzalez (7ª), Ivanna Carolina Román (10ª) e Paula Piñón (11ª).

 

 

 

Nas probas de anel, xunto aos xa citados, figura o velocista Pedro Juncal nos postos importantes na proba dos 200 m. acompañado polo marchador barquense José Fernández. Na categoría femenina entra a nosa dobre subcampioa mundial paralimpica Adi Iglesias na proba dos 400 m. Por último o equipo feminino de relevos do Marineda dos 4×400 tamén figura na citada relación top12.

Veteranía e novos talentos

Un dos aspectos importantes do panorama galego actual, radica en que existe unha importante xeración de atletas novos e novas que se atopa compartindo espazo con atletas máster o que reporta un mutuo e interesante beneficio para afeccionados e atletas.

O penta olímpico Frank Casañas, seguido de José Fernández e do casi Victor Gallego (fáltanlle uns meses) todos eles máster, conviven e mesmo compiten cun importante elenco de novas promesas entre as que destacan a xa citada Xela Martínez na categoría Sub16, Paula Piñón na categoría Sub18 e as Sub20 Patricia Correa, Yago Araújo e Irene Gómez.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close