DeportesÚltima hora

Os valdeorreses Leticia Gil e Carlos Revuelta, no nacional absoluto de atletismo ao aire libre

Este campionato de España desenvolverase na vindeira fin de semana en Nerja (Málaga)

Os atletas valdeorreses Leticia Gil e Carlos Revuelta nunha imaxe tomada nunha tempada anterior./ Cedida.

 

A vindeira fin de semana terá lugar a cita máis importante do atletismo nacional de aire libre. Durante tres días a localidade malagueña de Nerja dará acollida a preto de setecentos participantes no Campionato de España Absoluto de Aire Libre e dos cales corenta serán de Galicia (25 mulleres e 15 homes).

Entre eles estará o martelista barquense Carlos Revuelta Parra, da Gimnástica, quen compartira círculo de lanzamento ca súa pupila, a internacional Irene Gómez Costas. Tamén en martelo competirá Nacho Fernández e Yago Araújo.

Representación valdeorresa tamén na lonxitude da man de Leticia Gil, natural de Viladequinta e campioa de España do pasado ano, que malia un ano irregular, sairá moi motivada na procura dun posto importante ao que tamén aspira outra das retornadas do curso académico USA, Olaia Guisela Becerril. Neste mesmo sector o venezolano asentado en Narón desde fai varios anos e con ficha galega Gerson Vidal, estará na loita polas prazas de finalista cas vistas postas nos Xogos Panamericanos.

Ademais o Adas Cupa estará representado no nacional por María Cedrón na proba dos 1.500.

Así mesmo en Nerja estarán os olímpicos Belén Toimil no concurso de peso e Adrián Ben nos 800 m. quenes recollan o testigo e lideren a representación galega que intentará estar preto das cinco medallas e dazonave postos de finalistas logrados o ano pasado.

Na proba de xavelina con catro lanzadoras estarán no top seis das participantes por rexistros. A cubana, afincada na Coruña Yulenmis Aguilar parte como clara fovorita ao estar con diferencia en posesión da mellor marca das participantes . Xunto ela importante presenza de Carmen Sánchez, Lidia Parada e Paula Piñón as cales estarán na loita polos postos de podio.

 

 

Nos 200 m. estará a bimedallista paralímpica de Tokio e plusmarquista galega Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural. Sen abandonar a categoría feminina, importante presenza sobre os 5.000 m. de Carmela Cardama, quen logo de rematar o seu ¨tour europeo¨ de preparación, fará valer a terceira mellor marca para estar na loita directa polo podio. Xunto á viguesa, especial atención á participación das internacionais Ester Navarrete e Joselym Brea

Nerja será unha nova oportunidade de ver en acción a Alba Cuns no foso de triplo para refrendar o seu gran nivel que a fixeron ser finalista, tanto na edición do ano pasado, como no absoluto indoor de Ourense.

Nas combinadas, atención a Adolfo Sainz Maza do Celta o cal lograba superar recentemente a barreira dos sete mil puntos en Arona así como a campioa de España Sub23 de pista cuberta, Eva Queimaño do Super Amara Bat.

Por último nas probas de marcha, tamén haberá importantes opcións por parte das internacionais Carmen Escaríz do Ourense Atletismo e a medallista de bronce no europeo Sub23 Antía Chamosa da Gimnástica de Pontevedra cuxo irmán, e tamén internacional da Gimnástica, Daniel Chamosa, compretarán o gran plantel de galegos neste sector.

 

Artigos relacionados

Back to top button