EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Os valdeorreses, protagonistas do cartel de Nadal do Barco CCA e de AEVA

Vestidos de Papá Noel, levando gorros vermellos ou con outro tipo de adornos navideños, persoas de diversas idades respondían á convocatoria lanzada polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e pola Asociación Empresarial de Valdeorras para aparecer no cartel de Nadal 2019 dende estas entidades empresariais.

O punto de encontro era o Paseo do Malecón, nas proximidades da rúa Pescadores, ás seis da tarde deste venres 25 de outubro. Despois, os participantes baixaban ata a beira do río onde se tomaba a instántanea do cartel, obra do fotógrafo barquense Javier Brasa. A continuación, procedíase ao sorteo de diversos agasallos entre os asistentes.

Esta é a segunda ocasión na que AEVA e O Barco CCA solicitan a colaboración dos valdeorreses na campaña de Nadal.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button