En portadaÚltima hora

Os veciños das aldeas de Viana do Bolo recuperan a “Comparsa”

“Comparsa” e disputas en Caldesiños (VIana do Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Neste Entroido Viana do Bolo recuperará unha das súas tradicións máis senlleiras: a Comparsa. Os veciños das aldeas deste municipio teñen previsto recuperar o ritual desta singular comitiva carnavalesca, propia das aldeas do surleste do municipio.

Así, veñen de facer público a través das redes sociais as aldeas que a Comparsa, encabezada polo seu Director, visitarán neste Entroido: Punxeiro e Penouta o 19 de febreiro e o 26 de febreiro A Bouza e San Cibrao.

 

Artigos relacionados

Back to top button