EconomíaEconomíaÚltima hora

Os veciños de Barbadás manifestan o seu malestar ante a concesión do transporte público

A veciñanza cre que a Xunta lles ingorou as alegacións que fixeron, mantendo un servizo que cualifican de “indeficiente”, cos mesmos itinerarios, liñas e frecuencias e provocando a subida do prezo do autobús
O concelleiro de Mobilidade e tenente de alcalde de Barbadás, José Manuel Fírvida, uníuse ás protestas.

A posta en marcha da nova concesión do transporte de viaxeiros para o concello de Barbadás está causando decepción xeralizada entre a veciñanza e malestar entre os usuarios. Segundo informan fontes municipais, os cidadáns “entenden que non respostan ás necesidades actuais dos residentes no territorio municipal”. Esa é a principal conclusión extraida das asambleas mantidas por representantes do concello encabezados polo concelleiro responsable, Xosé Manuel Fírvida, en sete parroquias: Loiro, Sobrado, Bentraces, Barbadás, Parada, Piñor e A Valenzá.

Foi a terceira ocasión na que se celebraron reunións parroquiais para informar do plan de transporte da Xunta e, nomeadamente, do servizo que atinxe o concello de Barbadás. Xosé Manuel Fírvida, tamén tenente de alcalde, manifestou o seu acordo ante esta postura veciñal xa que “despois de cubrir a enquisa que se nos requeríu dende a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta, de facer alegacións ao plan de transporte en tempo e forma recollendo as verdadeiras necesidades do servizo en Barbadás e despois de varias reunión con técnicos da Xunta, non se nos tivo en conta para nada á hora de facer as novas concesións”. Para o concelleiro o servizo “non mellora as frecuencias, nin os itinerarios, nin as paradas nin os prezos. Seguimos exactamente igual que hai un ano”. Por iso os asistentes ás reunións veciñais entenden que “foi unha burla á cidadanía e un paripé da Administración autonómica”.

Fírvida asegurou que hai unha “decepción xeralizada, posto que despois das promesas para conquerir unha actualización e modernización do transporte urbano e interurbano de Barbadás, o servizo de transportes quedou igual, agás unha subida engadida a Piñor polas tardes. O resto, son deficiencias que provocan fins de semanas mal cubertos, non coincidencia cos horarios laboráis ou escolares, nin suficientes frecuencias ás parroquias”.

Outro dos puntos que está provocando forte malestar é que unhqa das empresas incrementou o prezo dos tickets de viaxe que merca o concello e despois vende como bonobuses subvencionados. O responsable de mobilidade apunta que “o encarecemento dos tickets –engadido ao mal uso en nalgúns casos-, obriga ao concello a aumentar o prezo dos bonobuses en dez céntimos por viaxe, de tal xeito que os estudantes pasarán de 50 a 60 céntimos; os pensionistas, de 60 a 70 e os normais de 80 a 90 céntimos, en tanto que os da línea de Piñor pasarán de 70 a 80 céntimos”

Todo elo formará parte da ordenanza reguladora do transporte municipal que recollerá todos os ámbitos que forman parte do servizo de autobuses que se presta en Barbadás.

 

Artigos relacionados

Back to top button