CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os veciños de Coedo (O Barco) renden culto a San Antonio Abade

A procesión coa imaxe do santo, avogado dos animais, percorría a vila na mañá do 17 de xaneiro

Un ano máis, o 17 de xaneiro a localidade barquense de Coedo vestíase de gala para celebrar a súa festa patronal na honra a San Antonio Abade, monxe cristián fundador do movemento eremítico e avogado dos animais. E facíao venerando a súa imaxe (represéntase como un ancián co hábito da orde e un porco aos seus pés) cunha solemne procesión na que era levada a ombros polos mozos do pobo (a imaxe da Virxe é levada polas mulleres) que remataba na solemne eucaristía na capela.

O acto central comezaba en torno ás 13h. acompañado por unha tirada de bombas de palenque e tampouco faltaron á cita, o posto de roscas á entrada da capela e a música.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button