ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os veciños de Coedo (O Barco) honran ao seu patrón

A procesión coa imaxe de San Antonio Abade percorreu as rúas da localidade barquense

Pasadas as 13 horas do martes 17 de xaneiro, a imaxe de San Antonio Abade, patrón dos animais, saía da capela de Coedo (O Barco de Valdeorras) encabezando a procesión polo pobo. De seguido, saía a imaxe da Virxe e detrás os devotos do santo acompañándoo no seu percorrido no que non faltou a música da charanga.

E trala procesión tiña lugar a misa maior na capela, coa que os veciños honraron un ano máis ao seu patrón, unha cita á que non faltaron as tradicionais roscas, á venda na entrada da capela, nin as bombas de palenque.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button