ConcellosGalerías de fotosLaroucoÚltima hora

Os veciños de Larouco mergúllanse no seu pasado castrexo

Esta mañá tiña lugar unha andaina paran descubrir a singularidade e valor do Castro do Castrillón, que o Concello proxecta poñer en valor

Arredor das dez da mañá deste sábado 5 de setembro partía dende o adro da igrexa de Larouco unha andaina moi especial e só para os veciños (de todas as idades) deste municipio valdeorrés. O percorrido, guiado por José Fernández, tiña como destino o Castro do Castrillón.

A iniciativa, que se realizaba mantendo as medidas de seguridade fronte ao Covid, estaba promovida dende o Concello de Larouco que aposta por divulgar e recuperar este asentamento. De feito, en breve está previsto que se acometa unha intervención para poñer en valor o castro contando co apoio económico da Dirección Xeral de Patrimonio. A actuación será levada a cabo pola empresa Xeitura, tal e como adianta a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button