ConcellosTempo de EntroidosÚltima hora

Os veciños de Laza arrancarán o Entroido o 15 de xaneiro co 1º Folión

A multitudinaria cita será este venres ás 23 horas dende o fondo da Cerdeiriña
Multitudinario Folión do Entroido de Laza.
Multitudinario Folión do Entroido de Laza.

En vista de que dende o Concello non dan arrancado coa programación do Entroido deste ano (apenas quedan tres semanas para o día grande) son os propios veciños os que se están mobilizando para deixar ben claro que o de Laza, segue sendo un dos Entroidos máis tradicionais, enxebres e populares de Galicia, e que está máis vivo que nunca.

“Sempre foi a festa do pobo, dos veciños, e así queremos que siga sendo”, aseguran os que viven e senten estas datas. E para demostralo, a poboación estase involucrando, cada persoa na medida das súas posibilidades, organizándose para o “1º Folión do Entroido do pobo”, unha xuntanza multitudinaria que sairá o venres 15 de xaneiro ás once da noite dende o fondo da Cerdeiriña.

Chocos, fachóns, bombos, cacerolas, latas, e veciños con ilusión e ganas de festa, no punto de partida do Entroido de Laza 2016.

O lume é un dos protagonistas do Folión en Laza.
O lume é un dos protagonistas do Folión en Laza.
O Folión polas rúas de Laza.
O Folión polas rúas de Laza.

Artigos relacionados

Back to top button