Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Os veciños de Ourense enchen as rúas para gozar do outono e do Samaín

Na ponte de Todos os Santos, o Concello deseña un programa de actividades para nenos na noite máis terrorífica do ano

Cabazas terroríficas, zombies, dráculas e bruxas danzan dende a caída da noite polas rúas da cidade de Ourense. Os veciños enchen prazas e terrazas para gozar do Samaín e do outono. Aproveitan o bo tempo e as suaves temperaturas, inusuales nestas épocas, para pasear cos cativos da casa, que moitos saían disfrazados con divertidos traxes para festexar a tamén coñecida como noite de Halloween. O Concello puxo en marcha para esta ponte actividades deseñadas especialmente para os nenos para que puidesen gozar destes días.

A Praza Maior da cidade foi un dos principais escenarios da festa. Alí levouse a cabo un gran baile a cargo de Afrobrix & Dance. Pero a programación comezaba sobre as 17 horas na Praza Saco e Arce cun taller de baleirado de cabazas. Tamén houbo outros obradoiros na Praza da Imprenta e na de Manuel Sueiro, onde os rapaces gozaron de teatro e aprenderon técnicas para maquillaxes terroríficas. Por último, á cerrada da noite estaba previsto un desfile de cabazas pola Praza Saco e Arce, Manuel Sueiro, Liberdade, Hernán Cortes, Praza das Damas con chegada á Praza Maior, para continuar alí co baile final.

Nas imaxes, ambiente nas rúas de Ourense na tarde do luns 31 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button