ConcellosÚltima hora

Os veciños de Parada de Sil celebran o magosto

 

Cumprindo coa tradición, os veciños de Parada de Sil reuníanse para celebrar o seu magosto, que ten sido organizado pola Asociación Cultural Ouro do Sil. No seu decurso degustaban empanada, carne ao caldeiro, bica e chocolate e unha boa magostada de castañas. Esta saborosa festa estivo animada pola charanga Nova Terras de Trives. O magosto contou coa peresenza da alcaldesa Yolanda Jácome.

No encontro recordábase a negra estela que o lume deixaba neste outono en Parada de Sil e tamén se comentaba como está indo a colleita de castañas, que non está resultando de todo boa. A falla de facer balance definitivo, aseguraban os veciños, estaría en torno a un tercio de outros anos ou algo menos.

A pesar disto, “reinou o bon ambiente e as ganas de seguir disfrutando de actos como este que dan inicio ao outono baixo o lema Descubre as paisaxes a caron da caída da folla“, segundo o concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Francisco Magide.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button