En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os veciños de Rubiá mobilízanse pola perda dun dos dous médicos do seu Centro de Saúde

Preto de 200 persoas asistían a unha xuntanza, convocada pola Plataforma Sanitaria de Rubiá, para abordar esta problemática. Tamén se convocará unha manifestación o vindeiro 17 de novembro

Manter dous médicos de familia no Centro de Saúde de Rubiá. É unha demanda que os veciños deste concello valdeorrés deixaban clara nunha reunión que se celebraba na tarde do 6 de novembro na Casa da Cultura desta localidade. Estaba convocada pola Plataforma Santiaria de Rubiá (entidade que conta co apoio da Plataforma Sanitaria de Valdeorras) e nela participaban representantes dos diferentes grupos políticos do muninicipio (PP, PSdeG-PSOE e BNG), así como o responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco, Julio García.

Durante o encontro expoñíase a necesidade de manter dous médicos de familia no municipio (xa que agora só queda un, tras a xubilación dun dos facultativos), tendo en conta o envellecemento da poboación e a súa dispersión. Iso implica que o único médico que queda no Centro de Saúde ten que realizar visitas aos domicilios das aldea,s que están lonxe da vila, quedando así desatendido o Centro de Saúde. Pola súa banda, Julio García botaba man dos datos e indicaba que neste concello hai pouco máis de mil tarxetas sanitarias e que a súa poboación continuará axeitadamente atendida, cunha media de pacientes/médico moi inferior á media provincial (un médico por cada 1.200 usuarios).

Sen embargo, os veciños de Rubiá, que levan días recollendo sinaturas de apoio para un segundo médico, persisten na súa demanda e teñen previsto convocar unha manifestación na vila o vindeiro 17 de novembro, entre outras accións reivindicativas.

Internistas do HCV

Nesta xuntanza tamén se lle preguntaba ao xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco pola perda de dúas prazas de internistas no Hospital Comarcal Valdeorras. El respostaba sinalando que este centro hospitalario non perde ningunha praza e que se cubrirán proximamente.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button