Trala reunión desta mañá na Deputación de Ourense, de onde traía un “compromiso por escrito” para mellorar a situación da estrada a San Vicente de Leira, o alcalde de Vilamartín de Valdeorras Enrique Álvarez aseguraba que deixaría en mans dos veciños do pobo a decisión de parar ou non coas mobilizacións.
Para iso, convocaba unha reunión na casa da escola na que decidían “dar ese voto de confianza á Deputación para que comece as obras canto antes. Pararemos as mobilizacións e eu deixo o peche no Concello”, asegura. O propio Enrique recoñece que agora mesmo a climatoloxía non permite comezar a rebaixar a montaña polo que entende que os técnicos aproveitarán este tempo para facer o proxecto para en 10-15 días comezar a traballar. “Se iso se cumple ben e senón habería que volver tomar medidas pero eu quero pensar que si o farán porque na reunión aprobouse todo o que se puxo enriba da mesa e está na acta”.
Fotos cedidas.