ConcellosÚltima hora

Os veciños de San Xoán de Río e a Asociación Ríomola abren unha conta solidaria para reconstruír unha casa ardida

“É necesario que todos aportemos un pouco para recuperar todo o perdido por Estrella e Luis”, sinalan os promotores da iniciativa
Cartel desta campaña solidaria.

Na tarde do venres 13 de abril un incendio destruía unha vivenda na localidade de Cerdeiros (San Xoán de Río). Como consecuencia do lume, as persoas que residían nela, Estrella, de avanzada idade, e o seu fillo Luis; perderon todas as súas pertenzas. Ante este tráxico suceso, os veciños de San Xoán de Río e a Asociación Cultural Riomola veñen de responder de forma solidaria abrindo unha conta bancaria para que todo aquel que o desexe poida aportar cartos para reconstruír esta casa destruída polas lapas.

“As dúas persoas afectadas polo incendio alóxanse actualmente na vivenda dun familiar á espera de poder reconstruír a súa casa e a solidaridade dos veciños de San Xoán de Río xa conseguiu aportarlles elementos básicos para continuar coa súa vida. Agora é necesario que todos aportemos un pouco para recuperar todo o perdido por Estrella e Luis”, indican os promotores desta iniciativa benéfica.

Neste senso, os veciños de San Xoán de Río fan un chamamento para que “todo o mundo, na medida das súas posibilidades, doe cartos a conta bancaria do Santander (IBAN): ES54 0049 2616 0427 1402 4537, para recadar fondos para reparar a vivenda e conseguir que Estrella e Luis poidan voltar o antes posible a súa vida normal”.

Artigos relacionados

Back to top button