Publicidade
ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os veciños de Vilamartín de Valdeorras honran ao patrón, San Jorge

O bo tempo acompañou un ano máis aos veciños de Vilamartín de Valdeorras que na mañá do 23 de abril acompañaban á imaxe de San Jorge, patrón do pobo, na procesión que percorreu o centro da localidade para rematar na celebración da misa na igrexa parroquial. O acompañamento musical correu por conta da charanga Terras do Bibei.

Con este culto pola mañá  e o baile a cargo da orquestra La Ola ADN (en sesión vermú e tarde), a localidade valdeorresa despedía as festas patronais que se celebraron ao longo de toda a fin de semana.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close