ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os veciños de Vilariño (O Barco) xúntanse para celebrar o magosto

Máis de cen persoas participaron na festa celebrada na tarde-noite do 10 de novembro

Hai un ano, da man dunha nova directiva, botaba a andar a Asociación de Veciños de Vilariño (O Barco de Valdeorras) co obxectivo de recuperar tradicións, dinamizar o pobo e reunir aos veciños en torno a diferentes actividades.

Unha delas tiña lugar na tarde do sábado 10 de novembro. Máis dun cento de persoas asistían ao magosto no que ademais de castañas asadas, degustaron un completo menú a base de chourizos, empanada, panceta e diferentes bebidas así como unha boa selección de doces. “As mulleres fixeron tal variedade de postres que aquelo parecía un concurso, non se sabía cal escoller”, asegura Roberto Paradelo, secretario da asociación que califica de “todo un éxito” esta primeira edición do magosto. “Daba gusto ver xunta a tanta xente, familias enteiras e amigos, xente que confiou en nós e que colabora no que pode, porque entre todos é máis fácil que as cousas saian ben”. Incluso estaban preparados cunha carpa feita a base de andamios, por se chovia. Ao final non fixo falta e pasaron unha entretida tarde ao aire libre que compensou todo o traballo, ata o punto de que xa están pensando na segunda edición.

Antes, teñen outras actividades en mente, como a celebración da Noite de Reis. “Antigamente a xente saía cantar os reis polas casas e os veciños dábanlle comida (chourizos, bica, viño,…) que despois comían todos xuntos. Os tempos cambiaron e a idea que temos é facer algo parecido ao do magosto pero a noite do 5 de xaneiro, é dicir reunir á xente para cear e cantar cancións de época”, asegura Roberto.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button