Galerías de fotosÚltima hora

Os veciños de Vilela poñen o broche aos magostos no concello da Rúa

Asáronse uns 60 quilos de castañas para completar a cea que tiña lugar o 14 de novembro

Como cada ano dende hai case unha década, foron os veciños de Vilela, os que pecharon o circuíto de magostos celebrados no termo municipal da Rúa.

Da man da asociación de veciños, na noite do 14 de novembro e de forma escalonada, unhas 140 persoas asistían á cea-magosto do San Martiño, na que ademais das empanadas, os bolos preñados e as bicas, puderon degustar uns 60 quilos de castañas asadas in situ, pouco pouco, sobre as brasas e no bombo adquirido este ano pola asociación.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button