CulturaCulturaÚltima hora

Os veciños do Barco celebran a tradición dos Maios dende casa

 

Con estruturas de pequeno formato que colocaban en balcóns, terrazas ou en xardíns, os veciños do Barco cumprían, un ano máis, coa Festa dos Maios, unha anterga tradición coa que se dá a benvida á primavera.

A diferenza doutras ocasións, neste 1 de maio a crise do coronavirus impedía que estas fermosas esculturas vexetais tomasen as rúas da vila, pero os barquenses non renunciaban a esta celebración e simbolicamente sumábanse a ela tirando de enxeño e creando Maios como os que poden verse nestas imaxes, todas elas cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button