CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os veciños do Castelo (Rubiá) reúnense para celebrar o Magosto

Un cento de persoas congregábanse na tarde do 3 de novembro no local do pobo do Castelo (Rubiá), anexo ás instalación do bar desta localidade, para festexar o Magosto. Compartían unha merenda-cea (cuxa entrada tiña un custe de 10 euros para os maiores e de 5 euros para os cativos) a base de entremeses variados, chourizos cocidos e, por suposto, castañas asadas, nunha iniciativa promovida dende o bar do Castelo, que leva Ramón.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button