OurenseÚltima hora

Os veciños e técnicos municipais de Ourense ultiman o deseño do Xardín do Posío xunto co tenente de alcalde

Apostan por un parque verde que lle gañe terreo ao cemento, onde a natureza sexa a verdadeira protagonista

Os veciños e técnicos municipais reuníronse no día de hoxe, 12 de xuño, co tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, para concretar e definir a reforma integral do Xardín do Posío.

 

Durante o encontro.

 

Esta reforma aposta pola sustentabilidade de forma que “un parque verde lle gañe terreo ao cemento e onde a natureza sexa a verdadeira protagonista, evocando así as súas orixes como parque botánico”.

“O obxectivo é realizar un proxecto participativo e de consenso ao servizo das familias da cidade. Un proxecto que vai da man dos veciños, que son os verdadeiros coñecedores da historia e das necesidades deste emblemático parque, e quixemos contar con eles desde o principio e en todas as reunións de traballo. Queremos devolverlle ao Xardín do Posío o esplendor dos anos 60 e convertelo en referente turístico e de lecer das familias de Ourense”, remarcaba Jorge Pumar tras a reunión.

 

Artigos relacionados

Back to top button