ConcellosÚltima hora

Os veciños piden a retirada de ramas do cauce do arroio Cigüeño do Barco

Imaxe das ramas no arroio Cigüeño no Barco.

 

Ante a problemática que se pode xerar no caso de que se produzan fortes choivas, os veciños barquenses da zona do arroio Cigüeño piden a retirada dunha serie de ramas que dende o 21 de setembro están no cauce deste arroio, que agora mesmo non ten caudal.

Esas ponlas están situadas na parte de abaixo da vía do ferrocarril. “Tendo en conta que este regato está cuberto no Barco, se vén unha arroiada e as leva pódese xerar un problema”, sinalan os veciños.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button