Galerías de fotosÚltima hora

Os vendimadores acampan na Rúa

Cada ano cando chega o mes de setembro e con el o tempo da vendima, a paisaxe da Chopeira, na Rúa, cambia para acoller aos temporeiros chegados dende diferentes partes de España e tamén doutros países (especialmente Portugal) que acampan para pasar a campaña en Valdeorras.

Este ano non foi menos e xa dende comezo de mes podían verse as tendas de campaña espalladas por toda a zona. Ata que hai uns días, o forte temporal tiraba un dos chopos que se atopaban en mal estado, obrigando á reubicación dos mozos e mozas.

Agora, están instalados moi preto, no campo de tiro con arco, un lugar menos protexido do sol e con menos encanto pero seguro, onde descansan despois das longas xornadas de vendima.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button