CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os versos de Florencio Delgado Gurriarán, na XXII Festa das Covas

Cuncas con versos do poeta valdeorrés debuxados no chan, guiarán esta tarde aos visitantes

Divulgar un pouco máis a figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán e a súa poesía para que chegue a un maior número de persoas, é o que pretenden dende o proxecto As Letras de Florencio, por iso idearon unha actividade no marco da Festa das Covas 2018 que se celebra esta tarde a partires das 20:30h. en Vilamartín de Valdeorras.

O eixo deste traballo foi a poesía O Himno ao Viño, sobre o que “creamos o deseño que os nenos e nenas do CEIP Manuel Folla Respino prepararon para participar no concurso que buscaba o cartel desta edición da Festa, e que finalmente foi escollido para decorar parte do tríptico informativo das festas”, explica a directora do proxecto Débora Álvarez.

Ese mesmo poema foi o que o mestre Roi Domínguez acompañado dos cativos do Campamento Vilaverán, colocaron nunhas cuncas estampadas con spray no chan, que serán os sinais que guíen os pasos dos visitantes e que os axudarán a atopar as Covas que forman parte da festa.

 

O cartel feito polos cativos do CEIP Manuel Folla Respino.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button