Publicidade
CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os versos de Tamara Andrés abren o “8º De Perto”, no Barco

 

A palabra rimada encetaba a oitava edición do ciclo “De Perto” na tarde do mércores 1 de xullo no Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco). Esta será unha edición especial na se aposta de novo polos artistas da palabra, nun momento complexo para este sector cultural, debido á crise do Covid.

Así o sinalaba a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, na presentación do primeiro dos sete espectáculos deste ciclo, “O bosque e a danza”, que corría a cargo da poetisa de orixe valdeorresas Tamara Andrés e que se desenvolvía nunha zona con aforo limitado e gardando todas as medidas de seguridade.

Xunto aos seus libros, Tamara Andrés, enlazaba versos e imaxes e que rendía unha especial homenaxe ás súas raíces valdeorresas, cunha mirada especial a Santolla (Petín).

O ciclo “De Perto” continuará mañá venres, tamén no Xardín da Casa Grande, cunha proposta de narración oral, “Océano para terrícolas”, da man de Xurxo Souto.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close