DeportesÚltima hora

Os veteranos do C.D. Rúa homenaxearán a dous dos fundadores do club: Lolo Cebrián e Pedro Blanco

Será na final do IV triangular das Festas de Verán que se celebrará este sábado 3 de agosto a partir das 18h.
Pedro Blanco e Lolo Cebrián con Brizuela (centro) o máis veterano do equipo. /Foto cedida.

Lembrar e recoñecer o labor da xente que puxo o seu gran de area para que, desinteresadamente e por amor ao pobo, o Club Deportivo Rúa fose unha realidade hai 50 anos. É un obxectivo que se marcaba hai xa uns anos o equipo de veteranos do Rúa, rendindo homenaxe no partido das festas a aqueles primeiros directivos.

Xa pasaron polo céspede do Novo Aguillón varios presidente, entre eles o recentemente falecido Couso, e nesta ocasión serán dous os protagonistas do triangular das Festas de Verán que se celebrará o sábado 3 de agosto: Lolo Cebrián e Pedro Blanco, dous dos fundadores do club e impulsores do fútbol na vila.

 

Os veteranos do Rúa cos participantes no triangular do ano pasado. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tal como adiantan dende o equipo rues, a IV edición do trofeo comezará ás 18h. co encontro Lemos-Barco. Ás 19h. o perdedor enfrontarase ao Rúa; e ás 20h. o Rúa (anfitrión e organizador do campionato) enfrontarase ao ganador do primeiro partido. Pero antes desa gran final que decidirá o trofeo, terá lugar a homenaxe a Blanco e Cebrián, sendo este último quen faga o saque de honra.

Artigos relacionados

Back to top button