DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os veteranos do C.D. Rúa viven unha gran experiencia no Torneo Internacional de Fútbol celebrado en Granada

A expedición ruesa apoiada polo Concello, empresas e veciños, desfrutou dunha fin de semana en terras andaluzas

Máis de 2.500 xogadores veteranos de 96 equipos de catro países (España, Portugal, Malta e Túnez) participaban esta fin de semana no III Torneo Internacional de Fútbol Ciudad de La Alhambra, entre eles unha vintena de membros do C.D. Rúa Veteranos.

Non é a primeira vez que o equipo rues xoga contra equipos estranxeiros sendo xa habitual o intercambio cos portugueses, pero si que participan nun evento destas características e por riba de carácter benéfico (o recadado será para dúas cativas con parálise cerebral).

A expedición, coa bandeira da Rúa e o apoio do Concello, empresas e veciños da localidade valdeorresa, saía o venres 7 de xuño ás 5:30h. rumbo á Granada e alí, ademais de desfrutar das marabillas da cidade andaluza, enfrontáronse a varios equipos. O primeiro, o Vélez Málaga resolvíase coa vitoria dos galegos por 1 gol a 0; igual que o segundo contra o Leganés que vencían os amarelos nos penaltis despois do empate a 0. E tamén nas eliminatorias contra os equipos de Murcia e Illas Canarias saían vitoriosos os valdeorreses ao superar por 2 goles a 1 a ámbolos dous rivais.

A gran aventura ruesa remataba na final da sede na que estaban encadrados co partido ante o Leganés que perdían por 2 goles a 0 pero o resultado non pudo ser máis satisfactorio, regresando a casa moi “orgullosos” do feito e sobre todo de “ter compartido unha fin de semana espectacular cun grupo de xente incrible. Non hai maneira de describilo”, seguraban nas redes sociais, moi activas durante o torneo.

Fotos: Facebook C.D. Rúa Veteranos.

 

Artigos relacionados

Back to top button