EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

“Os viños da colleita 2020 do Ribeiro destacan polo seu equilibrio e elegancia”

A sede do Consello Regulador desta Denominación de Orixe acolleu a cata para as Distincións Gallaecia así como para a Guía Luis Paadín de Vinos y Bodegas de Galicia

Os catadores da cata celebrada en Ribadavia.

 

Un total de 130 viños (entre brancos e tintos) da Denominación de Orixe Ribeiro, participaban na cata para a concesión dos galardóns Distincións Gallaecia 2021 aos mellores viños e para a elaboración da edición 2022 da Guía Luis Paadín de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia realizada na sala de catas do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, en Ribadavia.

Desta cata, que foi realizada por membros da Asociación de Sumilleres Gallaecia e catadores invitados, sairán seleccionados os mellores viños da D.O. Ribeiro segundo o criterio dos expertos. Ademais do presidente da Asociación de Sumilleres Gallaecia, Aurelio Vázquez, o panel de cata estivo formado por profesionais como Alejandro Paadín, vicepresidente Gallaecia (CEO Paadín Eventos-A Coruña) ou Luis Paadín, director Guía de Vinos de Galicia (A Coruña), entre outros.

 

Un momento da cata, no C.R.D.O. Ribeiro.

 

Aurelio Vázquez define a cata realizada en Ribadavia como “unha das máis interesantes”, destacando “o equilibrio e a elegancia dos viños da colleita 2020 á que se lle augura un gran futuro”. Vázquez tamén salienta a “complexidade nos viños de anadas anteriores”, engadindo que “nos tintos obsérvase unha gran evolución destacando a súa boa entrada en boca e o bo trato que se está a facer coas crianzas en barrica. En resumo, os do Ribeiro son viños elegantes e de gran persistencia”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button