EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei chegan á “Experiencia Verema Santander”

Publicidade

 

O vindeiro luns 27 de xuño, os brancos e tintos da Denominación de Orixe Monterrei formarán parte da iniciativa ‘Experiencia Verema’, que terá lugar en Santander. Está destinada a profesionais da canle HORECA (restauración, sumillería, distribución, importadores, etc.), amantes do viño e usuarios de Verema.

Esta acción celebrarase de 12 a 15 e de 17 a 21 horas, e permitirá achegar os viños de Monterrei ao público cántabro. Nela, os visitantes poderán coñecer, in situ, as elaboracións das seguintes adegas rexistradas no Consello Regulador: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Terrae Monterrei (Adegas Terrae), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada. Ademais de coñecer as características do territorio (chan, clima e variedades), historia e patrimonio vitivinícola, ou a tipoloxía de viños, entre outras cuestións.

O evento, que se celebrará no Hotel Real, conforma a segunda experiencia ‘Verema’ á que asiste a D.O. Monterrei neste 2022, tras a celebrada na cidade de Valencia.

Artigos relacionados

Back to top button