EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei chegan mañá a Fisterra

Formarán parte dun Tunel do Viño con cata dirixida polo experto Luis Paadín
Túnel da D.O Monterrei celebrado en Ferrol./ Foto: CRDO Monterrei.

Os caldos de Monterrei chegarán mañá 9 de abril ata Fisterra para formar parte dun Túnel do Viño da Denominación de Orixe, unha acción “destinada a dar a coñecer o noso territorio, historia e producto, así como a reforzar a nosa imaxe de marca”, en palabras da presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

O Hotel Bela Fisterra reunirá, entre as 17 e as 21 horas, a profesionais do sector da hostalaría e restauración, sumilleres, distribuidores, alumnos e profesores de escolas de hostalaría, así como medios de comunicación, para coñecer as peculiaridades dos viños amparados pola D.O. Monterrei. A dirección de cata será realizada polo experto Luis Paadín, que ofrecerá explicacións técnicas sobre historia, tradición vitivinícola, características edafoclimáticas, variedades de uva (preferentes e autorizadas) ou tipoloxías de viño; ademais de falar sobre os lagares rupestres existentes en Monterrei.

 

Cartel do Tunel do Viño da D.O. Monterrei en Fisterra.

 

As adegas que formarán parte desta iniciativa son: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Boo Rivero (Fragas do Lecer), Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo, Pazo de Valdeconde, Quinta do Buble, Concepción Paradela Martínez (Abeledos), Castro de Lobarzán e Triay Adegas de Oímbra.

 

Artigos relacionados

Back to top button