EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei colleitan 11 Distincións Gallaecia

Cedida.

 

Un total de 11 viños da Denominación de Orixe Monterrei, seis brancos e cinco tintos, veñen de ser premiados pola Asociación de Sumilleres Gallaecia na última edición do seu concurso “Distincións Gallaecia”. Nela participaban un total de de 53 viños desta D.O. e os distinguidos foron os seguintes:

Brancos
– Fraga do Corvo Godello 2020 (Fragas do Lecer, S.L.).
– Lobarzán Isaura Godello 2019 (Castro de Lobarzán, S.C.).
– Mara Martín Godello 2020 (Terras do Cigarrón, S.L.).
– O Con da Moura Godello 2019 (Terras do Cigarrón, S.L.).
– Setembro Godello – Treixadura – Albariño 2020 (Bodega Pazo de Valdeconde, S.L.).
– Vía Arxéntea Barrica Treixadura – Godello 2020 (Manuel Guerra Justo).

Tintos
– Crego e Monaguillo Merenzao – Sousón – Mencía – Caíño 2019 (Crego e Monaguillo, S.L.).
– Father 1943 Mencía 2019 2019 (Crego e Monaguillo, S.L.).
– Ladairo Barrica Mencía – Arauxa – Bastardo 2018 (Bodega Ladairo, S.L.).
– Lobarzán Isaura Mencía – Arauxa – Bastardo 2019 (Castro de Lobarzán, S.C.).
– Quérote Barrica Mencía 2018 (Trasdovento, S.L.).

“Queremos felicitar ás adegas que conseguiron estes recoñecementos porque demostran o gran traballo que están a realizar ao longo dos últimos anos”, destaca a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

Artigos relacionados

Back to top button