EconomíaEconomíaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei, no showroom “Vidivinos”, en Alacante

“Trátase da primeira ocasión que formamos parte desta iniciativa, que permite dirixirnos directamente ao sector da distribución”, destaca a presidenta do Consello Regulador

 

O martes 11 de maio, os viños de denominación de orixe Monterrei estarán presentes no showroom “Vidivinos” que se celebra en Alacante. Será a primeira vez que os tintos e brancos de Monterrei formen parte do showroom ‘ Vidivinos’, destinado ao sector profesional e aposta por obxecto impulsar a comercialización directa entre produtores e distribuidores.

Esta acción terá lugar no Hotel Alicante Golf, de 12 a 15 horas e de 17 a 21 horas, e nela estarán presentes os viños de 18 adegas da denominación: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

“A participación nesta iniciativa permitirá afianzar a imaxe de marca, mostrar de primeira man os viños de Monterrei á canle Horeca e de distribución de Alacante, ampliar e fidelizar a cadea de vendas, entre outras cuestións”, destacan dende o CRDO Monterrei. Durante a xornada, ademais de ofrecer a oportunidade de descubrir in situ o produto que se elabora no territorio, os asistentes poderán coñecer as características de chan e clima, variedades de uva, tipoloxías de viño, cultura e tradición vitivinícola da denominación.

“Trátase da primeira ocasión que formamos parte desta iniciativa, Vidivinos, que permite dirixirnos directamente ao sector da distribución”, destaca a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, “unha oportunidade para que coñezan o produto da nosa man, descubran as nosas singularidades e o que nos fai diferentes ao resto”.

Artigos relacionados

Back to top button