EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei preséntanse en Santiago

Será no decurso dun acto previsto para o 14 de xullo e coa participación de 18 adegas e 34 marcas
Detalle do cartaz da presentación da D.O. Monterrei en Santiago.
Detalle do cartaz da presentación da D.O. Monterrei en Santiago.

Ata 34 marcas de viño de 18 adegas amparadas polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei serán presentadas o 14 de xullo en Santiago de Compostela. O escenario será a sede do Campus Stellae, situada na praza da Quintana. Este acto, que se desenvolverá de 11h. a 13h., incluirá unha degustación dos viños da colleita do 2014 para pofesionais do sector que estará dirixida polo experto Luis Paadín, quen estará acompañado por persoal do CRDO Monterrei.

“A xornada enmárcase nunha iniciativa de promoción itinerante dos viños de Monterrei, que percorrerá varias cidades. Despois de Santiago, Madrid será a seguinte urbe na que o público poderá coñecer directamente as singularidades dosprodutos desta denominación”, segundo se informa dende o seu consello regulador.

Ademais da presentación, destinada a profesionais, a D.O. Monterrei tamén promoverá un Túnel do Viño os días 15 e 16 de xullo no mesmo lugar, na praza da Quintana. Nel poderán catarse mostras seleccionadas polas adegas. “O consumidor disporá de todo tipo de información sobre as mesmas, así como de todo o material preciso para catar as distintas referencias de Monterrei dispoñibles para a ocasión”, segundo se adianta dende o Consello. Tamén será posible mercar os viños da degustación nun punto de venda que se instalará na sala.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close