EconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei promociónanse en Vigo

O pasado luns, 9 de agosto, tivo lugar unha cata na dársena portuaria do Real Club Náutico

Vista de dúas copas de viño utilizadas na cata. / Foto: cedida.

 

A cidade de Vigo acolleu, o pasado luns 9 de agosto, unha cata de viños na dársena portuaria do Real Club Náutico. Ao evento acudiron máis dun centenar de asistentes repartidos en dous turnos nos que puideron saborear numerosos viños blancos e tintos da denominación de orixe. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer a historia e patrimonio vitivinícola do val de Monterrei, as características do solo e do clima, a tipoloxía do viño e as variedades da uva.

Participaron un total de 21 bodegas que promocionaban 39 marcas comerciales: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Castro de Lobarzán, Manuel Vázquez Losada, Terrae Monterrei (Adegas Terrae) y Triay Adegas de Oímbra. No evento tamén participaron empresas de importación como Way of Santiago Wines, distribuidoras como Disgobes, integrantes do Club de Sumilleres, membros de Galicia Gastronómica e representantes de medios de comunicación especializados.

O evento contou con todas as medidas preventivas para congresos e feiras segundo a guía editada polo ISSGA (Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia). Estableceuse un circuito exterior de saída e entrada, o control da temperatura, a reducción de aforo, a distancia entre as mesas así como escupideras individuales e antisalpicaduras. Os asistentes tamén dispoñían de xel hidroalcólico e o uso de mascarilla era obrigatorio.

 

Artigos relacionados

Back to top button