EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Ribeira Sacra logran 19 medallas no Mondial des Vins Extrêmes

Estes premios están organizados polo CERVIM e celebranse en Aosta(Italia)
Viña na Ribeira Sacra.

Os viños da D.O. Ribeira Sacra logran 19 premios no Mondial des Vins Extremes. Os premios entregaranse o 1 decembro do 2019 no Forte dei Bard – Val de Aosta (Italia), onde acudirá a recollelos un representante do C.R.D.O.R.S. para entregalos aos seus destinatarios no tradicional xantar que o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra organiza a finais de ano.

A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano 51 mostras, 44 de tintos e 7 de brancos, pertencentes a 35 adegas e obtén en Brancos 3 Medallas de Ouro (Viña Garoña, Via Romana e Abadía da Cova, todos de 2018) e 1 de Prata (Almalarga-2018). Na categoría de Viños Tintos obtéñense 6 Medallas de Ouro (Viña Mezquita-2018, Viña Péon-2018, Castrofiz Barrica-2017, Don Cosme-2018, Finca Cuarta por Ruén Moure-2018 e Regina Viarium-2018) e outras 6 de Prata (Capador-2017, Val da Lenda-2018, Don Bernardino-2018, Tradición-2017, Malcavada-2018 e Prómine-2018).

Así, o palmarés para a D.O. Ribeira Sacra complétase con 3 Medallas de Ouro na categoría doutras anadas (Regina Viarium Ecológico-2016, Don Bernardino Finca Mezquita-2014, Condado de Sequeiras Barrica-2016).

O Mondial des Vins Extrêmes, que organiza o CERVIM (Centro de Investigación, Estudos, Protección, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña) é o concurso enolóxico máis importante a nivel mundial, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos (altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en puntos da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas).

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close