EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños de 21 adegas valdeorresas promocionaranse en Madrid

Este acto, no que se darán a coñecer máis dun cento de referencias, terá lugar o 12 de novembro
Imaxe dunha copa de godello da D.O. Valdeorras./ Foto: A.R.

Cita dos viños da Denominación de Orixe Valdeorras en Madrid. Un total de 21 bodegas adscritas a este consello regulador promocionarán preto dun cento de referencias nunha cita organizada pola Guía Peñín e que terá lugar no espazo La Redacción del Edificio ABC Serrano de Madrid (rúa Serrano, 61. Planta Alta), en horario de 15:30 a 20:30 horas.

As adegas participantes no Salón dos Viños de Valdeorras serán: A Coroa, Alán de Val, Adega da Pinguela, Adega Melillas e Fillos, O Casal, O Cepado, Santa Marta, Cooperativa Jesús Nazareno, Roandi, Ruchel, D’Berna, Godeval, Sampayolo, Eladio Santalla Paradelo, Joaquín Rebolledo, O Luar do Sil, Quinta da Peza, Terriña Adegas e Viñedos, Viña Costeira Valdeorras, Viña Somoza e Virxe de Galir.

Este showroom suporá “unha excelente oportunidade para que profesionais do sector descubran as mellores referencias de Valdeorras e intercambien impresións cos elaboradores”, sinalan os promotores da iniciativa. Valdeorras é unha “denominación de orixe destacada pola altísima calidade das súas elaboracións e polo gran potencial de futuro, grazas á capacidade de envellecemento dos seus viños”, segundo sinala o equipo de cata da Guía Peñín.

O Salón dos Viños de Valdeorras é un evento dirixido exclusivamente a medios de comunicación e profesionais do sector, tales como distribuidores, compradores, restauradores, sumilleres, tendas especializadas, grandes superficies e prescritores, que xa poden solicitar as súas invitacións.

Artigos relacionados

Back to top button