EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños de colleiteiro do Ribeiro, entre os catados por Luis Guiéterrez de “Wine Advocate”

O vindeiro 11 de abril presentarase en Castrelo de Miño a nova añada das elaboracións de colleiteiro desta zona vitivinícola
Luis Gutiérrez con membros da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro./ Foto cedida pola Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.
Luis Gutiérrez con membros da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro./ Foto cedida pola Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.

No Ribeiro concluía a viaxe que Luis Gutiérrez, catador para España, Arxentina e Chile da recoñecida revista “The Wine Advocate” do norteamericano Robert Parker, vén de realizar por Galicia probando e valorando os viños das diferentes denominacións de orixe. O venres 4 de marzo, ademais de pasar pola sede do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, tamén se achegaba ata as instalacións da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro, situada no Parque Náutico de Castrelo de Miño. Alí cataba 51 viños (entre brancos, tintos e un tostado) de colleiteiros/as do Ribeiro.

“A cata, que se desenvolveu durante toda a tarde, foi un éxito e espérase a súa publicación na revista a finais de abril, por outra banda Luis Gutiérrez confirmaba que voltará a visitar Galicia dentro de 16 meses”, sinalalan dende a Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.

Luis Gutiérrez en Castrelo de Miño, coas botellas de viño catadas./ Foto cedida pola Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.
Luis Gutiérrez en Castrelo de Miño, coas botellas de viño catadas./ Foto cedida pola Asociación de Colleiteiros do Ribeiro.

Estas mesmas instalacións de Castrelo serán escenario o vindeiro 11 de abril da presentación da nova colleita dos viños dos colleiteiros desta zona vitivinícola ourensá. “Esta cata estará maridada polos cociñeiros do Grupo Nove, Juan Manuel Crujeiras Lista do Restaurante A Estación de Cambre e Héctor López López do Restaurante España de Lugo”, adiantan dende a asociación.

Ademais indican que se espera asemade a presenza do resto de chefs e sumilleres do Grupo Nove, algúns dos cales xa confirmaron a súa asistencia. “Contaremos ademais con Juan Luis García, sumiller de Casa Marcial, único restaurante con dúas Estrelas Michelin do noroeste de España, así como con outros sumilleres e chefs da alta cociña de Galicia”.

Artigos relacionados

Back to top button