EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños de Monterrei, entre premios e encontros de empresarios galegos en Madrid

A Denominación de Orixe Monterrei participaba no encontro realizado en Madrid entre a Asociación de Empresarios de Deza (AEDEZA) e a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA). Nel dábanse cita 115 empresarios que tiñan a oportunidade de coñecer a denominación, a través dunha pequena mostra dos brancos e tintos que se elaboran neste territorio ourensán.

Por outra banda, o CRDO Monterrei tamén tiña presenza na ‘Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia’, organizada pola revista “Hostalería Galega Gastronomía & Turismo” e na que se recoñecía aos produtos e produtores de calidade do noroeste peninsular. Neste acto a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva Rodríguez, recollía un acta de podio destinada á denominación. “Gustaríame dar a noraboa a todos os premiados e agradecer a súa boa labor, xa que a mesma axuda ao crecemento da D.O. Monterrei”, sinala Da Silva.

 

Artigos relacionados

Back to top button