EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños de Monterrei promocionáronse na cidade da Coruña

A actividade, que forma parte dun ciclo organizado pola Denominación de Orixe Monterrei, reuniu a máis dun centenar de profesionais procedentes de diferentes puntos da provincia

 

Fotografía do acto celebrado na Coruña.

 

A D.O. Monterrei protagonizou unha actividade celebrada hoxe, mércores 8 de xullo, na Coruña e que contou coa participación de máis dun cento de profesionais procedentes de Ferrol, Costa da Morte, Santiago de Compostela e da propia cidade de A Coruña. Esta iniciativa atópase dentro do ciclo de accións promocionais programadas pola denominación para este 2020 que permitirá que os viños visiten cidades como Vigo, Bilbao, Santander ou Barcelona.

Baixo o lema “A máis atlántica das continentais e a máis continental das atlánticas”, o acto reuniu a un gran número de hosteleiros, sumilleres, distribuidores, amantes do viño e profesores de hostelería das IES A Coruña, Santiago e Pontedeume que puideron degustar as particularidades do viño do val de Monterrei. No evento tamén se impartiu información sobre as características edafoclimáticas (solo e clima), variedades da uva, tipoloxías de viño e os seus procesos de elaboración así como certos aspectos relacionados coa historia e a economía da comarca ourensá.

Na cata, os participantes puideron degustar os brancos e tintos das seguintes adegas: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Castro de Lobarzán, Manuel Vázquez Losada, Terrae Monterrei (Adegas Terrae) y Triay Adegas de Oímbra.

O acto realizouse seguindo as recomendacións preventivas para eventos, congresos e feiras da guía editada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA). Reduciuse o aforo, aumentouse a distancia entre mesas e proporcionouse a cada participante mascarillas hixiénicas, xel hidroalcohólico e botellas de auga individuais.

 

Artigos relacionados

Back to top button