EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños de Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, en Alimentaria

Este foro vitivinícola de referencia celebrarase entre o 16 e 19 de abril en Barcelona

 

Entre os viños que estarán presentes na vindeira edición do Salón Internacional de Alimentación e Bebidas, Alimentaria 2018, estarán os das denominacións de orixe galegas como Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra.

Este foro, que se celebrará entre o 16 e 19 de abril, constitúe “un escaparate excepcional para os brancos e tintos de Valdeorras, que debemos aproveitar para achegar os nosos viños a diversos públicos especializados, pero tamén a consumidores finais”, asegura o presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando. “O potencial deste salón reflíctese no feito de que nel teñen presenza a meirande parte das rexións vitivinícolas españolas e por riba de 800 adegas de todo o Estado”, engade. Ademais no túnel do Viño de Intervín participarán marcas da Adega Santa Marta, Guitián y Blanco e das cooperativas do Barco e da Rúa.

Tamén en Alimentaria estarán presentes os viños da D.O. Ribeira Sacra, ademais dalgunhas adegas con stand propio, e da D.O. Monterrei. Ambas formarán tamén parte do Túnel do Viño conxunto de Galicia no xa citado espazo de Intervin. Nel poderán castarse viños de diversas adegas de Monterrei: Adega Trasdovento S.L., Bodega Pazo de Valdeconde S.L., Bodegas Alba Al-Bar S.L (Daniel Fernández), Boo Rivero S.A.T., Concepción Paradela Martínez, Crego e Monaguillo S.L., Gargalo S.L., José Antonio Da Silva Pereira, Manuel Guerra Justo, Pazo Blanco Núñez S.L. e Terras do Cigarrón S.C.G.

No caso da D.O. Ribeira os viños neste túnel serán os de Araceli Vázquez Rodríguez – Malcavada, Manuela Valdés Pérez – Tear, Regina Viarum S.L., Adegas Moure S.A. – Abadia da Cova, Grupo Peago, S.L. – Condado de Sequeiras, Finca Millara Bodegas y Viñedos S.R.L., Bodegas de Rectoral de Amandi, S.A.U., Dominio do Bibei, S.L. – Lalama, José Manuel Rodríguez González – Décima, Spanish Wines by Carlos Rodríguez S.L. – Aba Solleira, Jorge Feijoo González – Adega Vella, Adega Cachín, S.C. – Peza do Rei.

Artigos relacionados

Back to top button