En portadaÚltima hora

Os viños de Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, na feira Prowein (Alemaña)

Este certame, considerado un dos máis relevantes par ao sector a nivel internacional, celebrarase do 19 ao 21 de marzo

 

As denoinacións de orixe ourensás seguen incidindo nos mercados internacionais. Tres das catro existentes na provincia estarán presentes do 19 ao 21 de marzo nun dos certames de referencia do sector a nivel internacional: Prowein 2017, en Düsseldorf (Alemaña).

Así entre os stands deste certame estará o do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras (cuns 9 metros cadrados), que leva xa anos acudindo a esta cita. Nel estarán presentes un total de 12 adegas , o que amosa que “os membros do sector vitivinícola da comarca están a respaldar a intensificación das accións de promoción exterior postas en marcha pola D.O.”, en palabras do seu presidente, Francisco García.

 

O presidente do CRDO Valdeorras, o primeiro pola esquerda, na pasada edición de Prowein.

 

Valdeorras contará con ata 26 referencias distintas, principalmente mencías e godellos, pero tamén algún escumoso. Trátase de viños pertencentes ás bodegas Virxe de Galir, Valdesil, Joaquín Rebolledo, Ladera Sagrada, Godeval, Felipe Mayo, Ruchel, Carballal, Roandi, Terriña, Bodega Cooperativa Jesús Nazareno e A Coroa.

Tamén neste certame alemán participará, por segundo ano consecutivo, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei con stand propio, levando os viños de 19 das 25 bodegas que conforman a denominación. Deste xeito en Prowein poderán catarse un total de 40 referencias, 25 brancas e 15 tintas, que permitirán que os visitantes da feira podan comprobar as especificidades dos viños deste territorio vitivinícola. As adegas son: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, José Luis Gómez, José Antonio Da Silva, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Boo Rivero, Manuel Guerra Justo, Concepción Paradela, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar e Trasdovento.

 

Stand de Monterrei na anterior edición da feira alemá Prowein.

 

Con esta participación en Prowein, Monterrei persegue dar a coñecer ao mercado internacional os viños que se elaboran nesta D.O., xa que se trata dunha das maiores reuniones da industria para profesionais da viticultura, produción, comercio e gastronomía. “Buscamos intensificar a nosa promoción exterior co obxecto de impulsar a exportación dos viños de Monterrei, que no pasado 2016 xa alcanzou o 13% da produción”, indica o presidente do C.R.D.O. Monterrei, José Antonio Da Silva Pereira, “e a asistencia a esta feira promove un maior coñecemento dos nosos viños entre os importadores e distribuidores que nos visiten”.

Ademais, a representación dos viños ourensáns nesta edición de Prowein complétase cos do Consello Regulador da Ribeira Sacra (provincias de Ourense e Lugo). Contará cun stand e organizará un Túnel do Viño con máis de 20 marcas de diversos tipos de viños tintos e brancos, de diferentes añadas, “para que o público profesional asistente poda degustar a singularidade dos viños de Ribeira Sacra”, adiantan dende o seu Consello Regulador.

Os viños teñen sido aportados por 12 adegas desta denominación: Adegas e Viñedos Via Romana S.L., Albarduxe S.C., Bodegas de Rectoral de Amandi S.A.U., Dominio do Bibei S.L., Don Bernardino S.L., Pena das Donas S.L., Roberto Regal López, Regina Viarum S.L., José Manuel Rodríguez González, Víctor Manuel Rodríguez López, Ronsel do Sil S.L. e Araceli Vázquez Rodríguez. Ademais as adegas  Rectoral de Amandi, Regina Viarum e Adega Ponte da Boga acudirán á feira con stand propio.

O CRDO Ribeira Sacra considera que Prowein constitúe unha cita ineludible para os profesionais do viño e é unha oportunidade excelente para promocionar e dar a coñecer os viños da Ribeira Sacra no mercado internacional onde os viños acollidos á denominación de orixe son cada vez máis demandados e valorados”.

 

Imaxe promocional do CRDO Ribeira Sacra.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button