ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os viños rueses, presentes na mostra estremeña Iberovinac

O Concello da Rúa, irmanado con Almendralejo, participa nesta feira cun stand no que están presentes once adegas do municipio

Na mañá do 8 de novembro inaugurábase a 17 edición de Iberovinac, Salón del Vino y la Aceituna en Almendralejo (Estremadura). Nesta mostra o Concello da Rúa conta cun stand no que participaban once adegas deste municipio valdeorrés: Alán de Val, A Coroa, Joaquín Rebolledo, Adega Melillas, Cooperativa da Rúa “Virxe das Viñas”, Adega da Pinguela, Viña Valdeiga, Viña Fornos,
Sampayolo, Bodega Quinta da Peza e Adega José González González. A mostra desenvolverase ata o vindeiro 11 de novembro.

A presenza da Rúa neste evento sitúase no marco de colaboracións establecidas entre este concello e Almendralejo como localidades irmanadas dende hai máis de 12 anos.

Nesta galería de imaxes poden verse diversos momentos da visita ao stand da Rúa do alcalde de Almendralejo, José García Lobato, e do presidente da Junta de Extremadura, Guillermo Fernández Vara.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button