EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Os viños valdeorreses, entre os mellor valorados na “Guía Peñín”

Ocupan o terceiro posto no ranking global das denominacións de orixe españolas, segundo esta coñecida publicación
Un godello da D.O. Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un godello da D.O. Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

O equipo da “Guía Peñín” vén de adiantar algúns dos indicadores da vindeira edición da publicación, que verá a luz no último trimestre do ano. Un dos datos máis salientables é que Valdeorras é a “denominación de orixe española que maior puntuación media obtén nos seus viños xoves con 89,4 puntos. Por tras, sitúanse Ribeira Sacra (88,78) e Priorat (88,6)”, tal e como se destaca dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Xunto a isto, esta denominación sitúase no terceiro posto, a nivel global, entre as máis valoradas de España para a “Guía Peñín” con 89,83 puntos. Por diante dela tan só están Jerez (91,75 puntos) e Priorat (90,26). Tras Valdeorras, colócanse outras dúas denominacións de viños galegas: Ribeira Sacra (con 89,42 puntos) e Rías Baixas (89,18).

Catadores da "Guía Peñín" na D.O. Valdeorras./ Foto cedida.
Catadores da “Guía Peñín” na D.O. Valdeorras./ Foto cedida.

O presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Francisco García, asegura que “as avaliacións de Peñín evidencian a gran calidade da uva na comarca e o bo facer dos nosos viticultores e bodegas”. Neste sentido, recalca que se trata “dunha publicación de referencia no sector do viño a nivel nacional e, incluso, internacional” e que “son moitos os importadores que antes de decantarse por un viño comproban previamente a súa puntuación nesta guía”.

Artigos relacionados

Back to top button