EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños valdeorreses logran 5 medallas nos Premios Baco colleita 2020

Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concurso Nacional de Viños Novos-Premios Baco colleita 2020 vén de facer público o seu palmarés. Nel figuran cinco viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Así esta D.O. lograba nesta edición un Gran Baco de Ouro (puntuación de 92 a 100 puntos) da man de Quinta da Peza Mencía 2020.

Ademais Valdeorras colleitaba tres Bacos de Ouro (puntuación de 88 a 92 puntos) que recaían en Guitián sobre Lías (A Tapada), Viñaredo Mencía (Santa Marta) e Joaquín Rebolledo Mencía (Adega Joaquín Rebolledo). Finalmente, o Paco & Lola Godello 2020 lograba un Baco de Prata (84-88 puntos).

Outros cinco recoñecementos lograba nos Premios Baco a D.O. Monterrei: tres Bacos de Ouro para Alma de Blanco (Pazo das Tapias), Vega de Lucía godello (A. Menasa) e Quinta das Tapias Treixadura, así como dous Bacos de Prata para Fraga do Corvo godello sobre lías e Terras do Cigarrón (Viños e Adegas Galegas).

No caso da Ribeira Sacra eran 4 os galardóns logrados neste concurso: tres Bacos de Ouro para o Godello G Ponte da Boga (Ponte da Boga), Matilde Nieves (Rectoral de Amandi) e Regina Viarum Mencía e un Baco de Prata para Prómine Singular (B. Petrón).

Nesta 35ª edición dos Premios Baco participaban un total de 497 viños participantes.

Máis información:
https://www.osil.info/16-medallas-para-a-d-o-ribeiro-nos-premios-baco-colleita-2020/

Artigos relacionados

Back to top button