EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños valdeorreses, na mostra Fenavin en Ciudad Real

Nesta feira, que concluirá o 14 de maio, están presentes as catro denominacións de orixe ourensás
José Vicente Solarat en Fenavin, acompañado por Vicente Ortega, Paco e Alberto García Caridad, Manolo Cano, Juan Ignacio Gallardo, entre outros representantes tanto de Radio Marca como do Diario MARCA, xunto ás deportistas Alba Cabello, nadadora do laureado equipo nacional de natación sincronizada, e Araceli Navarro, sablista profesional, e Mari Carmen Izquierdo.
José Vicente Solarat en Fenavin, acompañado por Vicente Ortega, Paco e Alberto García Caridad, Manolo Cano, Juan Ignacio Gallardo, entre outros representantes tanto de Radio Marca como do Diario MARCA, xunto ás deportistas Alba Cabello, nadadora do laureado equipo nacional de natación sincronizada, e Araceli Navarro, sablista profesional, e Mari Carmen Izquierdo.

A Denominación de Orixe Valdeorras está a participar na oitava edición de Fenavin, feira organizada pola Deputación de Ciudad Real e que está considerado o certame monográfico de referencia do viño español, especializándose desde os seus inicios no negocio exterior. Comezaba o 12 de maio e prolongarase ata o vindeiro xoves día 14.

Para José Vicente Solarat López, presidente del consello regulador valdeorrés, é a súa primera feria tras asumir o cargo, por iso valora a cita dun xeito especial. “Que a túa primeira feria, e a primera na que es polo tanto portador das bondades dunha denominación de orixe como a nosa, sexa unha das mostras máis importantes de Europa sempre é algo satisfactorio, moi satisfactorio. Facelo en compaña das nosas catro denominacións galegas irmás e dalgunhas das adegas que forman parte do noso organismo, e en vista tamén do excelente momento do viño galego e o recoñecemento ao mesmo, é unha satisfacción engadida”.

Así nesta cita a D.O. Valdeorras comparte superficie expositiva coas outras denominacións de orixe galegas (Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Rías Baixas) e tamén coa IXP de Licores e Augardentes de Galicia. A Consellería do Medio Rural e do Mar colabora coa promoción dos viños e augardentes galegos asumindo parte do custe do chan do certame e participando activamente na coordinación da asistencia conxunta da representación da nosa Comunidade baixo a marca “Galicia”.

Fenavin 2015 reúne a 1.361 adegas españolas con viños de todas as denominacións de orixe do país e conta con 29.200 m2 de exposición distribuídos en 7 pavillóns. Está prevista a participación duns 12.000 compradores nacionais e 3.200 internacionais (procedentes de máis de 65 países) e a realización de 180.000 contactos comerciais.

Artigos relacionados

Back to top button