EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños valdeorreses, no Salón Gourmets en Madrid

6 adegas da D.O. participan con diferentes referencias nesta relevante feira

Stand da D.O. Valdeorras en Gourmets./ Cedida.

 

Dende este luns ata o vindeiro xoves, 28 de abril, os viños da D.O. Valdeorras exhíbense nun stand propio no Salón Gourmets de Madrid. “Trátase dun dos escaparates anuais máis relevantes para divulgar alimentos e bebidas de alta gama: un evento no que atopar dende produtos tradicionais ata novas tendencias no eido alimentario”, segundo destacan dende o consello regulador valdeorrés.

“Para os viños de Valdeorras, supón unha oportunidade estar presentes neste foro en tanto en canto conta coa presenza de diferentes prescritores que poden axudarnos a achegar o noso produto a consumidores finais”, resalta José Luis García Pando, presidente do C.R.D.O. Valdeorras, quen estes días se desprazou a Madrid para estar á fronte do espazo expositor do Consello Regulador nesta feira, no que poden degustarse 34 referencias (21 de brancos e 13 de tintos) de 16 adegas da comarca.

Artigos relacionados

Back to top button