En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Os viños valdeorreses promociónanse en Alimentaria 2018

Na xornada do 16 de abril arrancaba na Fira de Barcelona unha nova edición do prestixioso Salón Internacional de Alimentación e Bebidas, Alimentaria 2018, onde se están a promocionar os viños da Denominación de Orixe Valdeorras, ademais dos doutras ourensás como Monterrei, Ribeiro e Ribeira Sacra.

Este foro, que se celebrará ata o 19 de abril, constitúe, en palabras do presidente do CRDO Valdeorras, José Luis García Pando, “un escaparate excepcional para os brancos e tintos de Valdeorras, que debemos aproveitar para achegar os nosos viños a diversos públicos especializados, pero tamén a consumidores finais”.

A D.O. Valdeorras conta cunha superficie de exposición propia, onde os diferentes profesionais que se achegan a coñecer os viños reciben explicacións do seu director técnico, Jorge Mazaira. Ademais no túnel do Viño de Intervín, no marco desta mostra, participan marcas valdeorresas da Adega Santa Marta, Guitián y Blanco e das cooperativas do Barco e da Rúa.

Fotos: CRDO Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button