Galerías de fotosÚltima hora

Os viños valdeorreses promociónanse na London Wine Fair

Ata o vindeiro 23 de maio a Denominación de Orixe Valdeorras participará na 38ª London Wine Fair, unha prestixiosa mostra vitivinícola internacional. Nela contará cun expositor propio no que se darán a coñecer máis de 30 referencias dunha ducia de bodegas da comarca. Neste certame, que vén de abrir as súas portas este luns 21 de maio.

Os profesionais que pasan polo expositor do consello regulador valdeorrés están sendo atendidos polo presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, e o director técnico do organismo, Jorge Mazaira, tal e como se aprecia nesta galería de imaxes.

Fotos: CRDO Valdeorras

Artigos relacionados

Back to top button